Friday 17 de May de 2024

Unha beirarrúa con pasamán de 60 metros de longo mellora a seguridade viaria nun dos accesos ao Complexo da Fieiteira


O Concello de Riveira informa da realización dunha actuación que estivo dirixida a a mellorar a seguridade dos peóns así como a accesibilidade nun dos accesos ao Complexo Polideportivo da Fieiteira.

Neste senso, operarios da empresa Jenaro Construcciones e a Brigada Municipal de Obras estiveron traballando na construción de 60 metros liñais de beirarrúa.

Gran pendente
Trátase dun tramo cunha pendente moi elevada ao que tamén se equipou cun pasamán metálico de idéntica lonxitude para axudar a afrontar o tramo ás persoas con dificultades de mobilidade.